Desaparece un menor de 16 anos en augas do Río Miño en Goián (Tomiño).


A AXEGA activou o ARIEM 112 para localizar a un menor desparecido no Río Miño.





A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a través do CAE 112 Galicia, activou esta tarde o protocolo de colaboración transfronteiriza en caso de emerxencia, ARIEM 112, para tratar de localizar a un menor que desapareceu no Río Miño. O rapaz se bañaba na compaña doutro mozo duns 24 anos que foi rescatado por uns particulares e que se atopa en bo estado de saúde. Agora, os equipos de rescate de Galicia e Portugal se afanan en atopar ao menor, o cal tiveron á vista durante os primeiros minutos, pero ó que, finalmente, se lle perdeu o rastro. O suceso ocorreu cando estaban a piques de dar as cinco desta tarde, preto da Ponte de Goián, en Tomiño, que comunica Galicia con Portugal. Ao abeiro do protocolo de actuación en caso de emerxencia nunha zona transfronteiriza, o ARIEM 112, os xestores do CAE 112 Galicia se puxeron en contacto cos Bombeiros do Baixo Miño, membros do GES da Guarda, Protección Civil de Tomiño, autoridades da Comandancia Naval do Miño, de onde movilizaron medios acuáticos; o Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia e, da parte de Portugal, participan os Bombeiros de Viana do Castelo e Protección Civil de Vilanova da Cerveira.


VÍDEO: