IES A SANGRIÑA - URBAN ART PROJECT


Os alumnos e alumnas da clase de 3º da ESO do Instituto A Sangriña realizaron nos pasados días un impresionante mural-graffiti que agora embelece a entrada á Guarda, pois está situado xunto a Alameda, na Rúa Galicia. Esta actividade forma parte de Urban Art Project, un proxecto interdisciplinar da Sección Bilingüe de 3º da ESO do IES A Sangriña, coordinado polos profesores Beatriz Núñez (plástica), Alfredo Garrido (música) e Rosana Moreira (inglés) e que ten como obxectivo implicar á xuventude na vida económico-social da súa vila a través da arte. O proxecto comprende a elaboración deste mural-graffiti xunto a un vídeo promocional da localidade destinada ó turismo extranxeiro, para o cal o centro contou para a súa elaboración coa axuda de Brais Martínez Villa, e na parte musical a Nadia Vázquez Martínez coa gaita. A iniciativa, organizada dende o centro en colaboración co Concello de A Guarda, supón unha oportunidade para que o alumnado participe nun proxecto multidisciplinar que pon en valor a riqueza da Guarda e a implicación da súa comunidade educativa. ------ Brais Martínez www.braismartinez.es